A escala media ou rampla media (scala media) ou conduto coclear é unha cavidade da cóclea que contén endolinfa, localízase entre a escala timpánica[1] e a escala vestibular separada pola membrana basilar e a membrana de Reissner respectivamente. Na escala media está o órgano de Corti.